CRTVG

Buscar

O ex-presidente Zapatero está en Galicia para apoiar a Gonzalo Caballero

Publicado o 03/07/2020 15:19

O ex-presidente do Goberno José Luis Rodriguez Zapatero está hoxe en Galicia para apoiar o candidado do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Os dous deron un paseo pola alameda de Santiago acompañados de militantes e simpatizantes. Os socialistas volveron facer un chamamento á mobilizacion do electorado de esquerdas.

Zapatero defendeu a forza de Gonzalo Caballero e asegurou que o Partido Socialista é a única opción para conseguir un cambio progresista en Galicia.

Caballero comprometeuse a crear unha Consellería de Igualdade e emocionouse ao falar dos nenos con diversidade funcional.



 

Noticias web

03/07/2020