CRTVG

Buscar

Conmoción no Perú pola morte do ex-presidente Alan García

Publicado o 18/04/2019 08:49

Políticos de diversos partidos políticos, lexisladores e máis dun millar de seguidores acudiron ao velorio na sede do Partido Aprista Peruano en Lima.

O ex-presidente peruano Alan García de 69 anos de idade suicidouse cando o ían deter por corrupción vinculada ao caso Odebrecht. Díxolle á policía que ía chamar o seu avogado, entrou nun cuarto e disparouse na cabeza. Alan García tiña prohibido saír do país. A súa situación legal complicouse ao transcender que membros dos seus gobernos cobraran subornos da construtora brasileira a cambio da adxudicacion das obras do Metro de Lima. Alan García era o cuarto ex-presidente peruano imputado no caso Odebrecht que salpica a políticos de toda América. 

O avogado de García, Erasmo Reyna, declarou á prensa que "ten que haber un responsable político polo que sucedeu"

O Ministerío Público do Perú abriu unha investigación por "presuntas infraccións administrativas" contra os fiscais que investigaban a Alan García. A investigación fiscal interna é de oficio e inclúe os argumentos de  allanamiento de vivenda e detención preliminar" 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019