CRTVG

Buscar

O ex-presidente francés Nicolas Sarkozy será xulgado por corrupción e tráfico de influencias

Publicado o 19/06/2019 19:31

O ex-presidente francés Nicolas Sarkozy será xulgado por corrupción e tráfico de influencias. Finalmente, sentará no banco dos acusados despois de que rexeitaran todos os seus recursos. Sarkozy convértese no primeiro ex-presidente francés que é xulgado por corrupción nos últimos sesenta anos.

A investigación enmárcase no chamado caso das escoitas. A xustiza interviu o teléfono de Nicolas Sarkozy ante as sospeitas de que puido recibir financiamento ilegal do réxime libio de Gadafi durante a campaña electoral de 2007, en que conseguiu chegar ao Elíseo. O ex-presidente francés tamén ten outro proceso aberto por presunto financiamento irregular da campaña de 2012.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019