O ex-presidente da Deputación de Valencia e alcalde de Ontinyent deixa o PSOE
Publicado o 17/04/2019 18:49

Faino tras facerse público o sumario do caso Alquería, en que está imputado por presuntamente enchufar sete directivos na empresa pública Divalterra.
Jorge Rodríguez xa dimitira do ente provincial cando se destapou o caso. Agora dáse de baixa do PSOE, di, para non danar o partido, que terá que buscar outro cabeza de lista para as eleccións municipais.
Rodríguez, que goberna con maioría absoluta, non descarta presentarse con outras siglas.