CRTVG

Buscar

O ex-presidente da Deputación de Valencia deixa o PSOE polo caso Alquería

Publicado o 17/04/2019 15:30
O ex-presidente da Deputación de Valencia deixa o PSOE polo caso Alquería

O ex-presidente da Deputación de Valencia e alcalde de Ontinyent deixa o PSOE. Faino tras facerse público o sumario do caso Alquería, en que está imputado por presuntamente enchufar sete directivos na empresa pública Divalterra.

Jorge Rodríguez xa dimitira do ente provincial cando se destapou o caso. Agora dáse de baixa do PSOE, di, para non danar o partido, que terá que buscar outro cabeza de lista para as eleccións municipais.

Rodríguez, que goberna con maioría absoluta, non descarta presentarse con outras siglas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019