CRTVG

Buscar

Alberto Pozas, imputado por presunta espionaxe a Pablo Iglesias

Publicado o 08/04/2019 15:01

O ex-número dous de Comunicación da Moncloa acaba de ser imputado pola presunta espionaxe a Pablo Iglesias. Alberto Pozas compareceu esta mañá como testemuña do caso Tándem, que investiga a documentación que tiña Villarejo sobre o líder de Podemos. Tras escoitar a Pozas, o xuíz imputouno por revelación de segredos.

O ex-comisario declarara que fora o daquela director de Interviú quen lle facilitou información sobre Pablo Iglesias. O xornalista dimitiu o xoves como responsable de Información Nacional da Moncloa para evitar prexudicar o Goberno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019