O ex-ministro De la Serna ve difícil entender "as desviacións do AVE"
Publicado o 05/03/2020 14:59
Sobre a chegada do AVE a Galicia falou hoxe o ex-ministro de Fomento, Íñigo de la Serna. Defendeu que as obras se axilizaron no seu mandato e asegurou que, de manterse o ritmo, a alta velocidade sería xa unha realidade.
"Ese ritmo faría posible que as obras hoxe estivesen finalizadas. Entendendo que hai treitos de viadutos e de túneles enormemente complexos, pero que xa foran desatascados".