CRTVG

Buscar

O ex-ministro británico Boris Johnson, investigado por mentir sobre o 'brexit'

Publicado o 29/05/2019 19:38

O ex-ministro de Exteriores británico, Boris Johnson, terá que declarar ante a xustiza por supostas mentiras durante a campaña do referendo do brexit. Johnson, principal favorito para suceder a Theresa May á fronte do Partido Conservador, dixo que Gran Bretaña lle pagaba cada semana á Unión Europea 350 millóns de libras. Agora enfrontase unha denuncia por mala conducta nun cargo público co obxectivo de inducir a erro á cidadanía. Johnson di que a acusación é unha manobra política.

Noticias web

29/05/2019