CRTVG

Buscar

O ex-mestre do colexio Maristas de Barcelona di que o explicará todo

Publicado o 26/03/2019 13:57

Continúa en Barcelona o xuízo contra un ex-profesor do colexio Maristas da capital catalá acusado de abusar sexualmente de 4 menores. O pederasta confeso, Joaquim Benítez, dixo antes de entrar na Audiencia que o explicará todo durante a súa declaración nesta segunda xornada.

A segunda xornada do xuízo contra o ex-mestre dos Maristas e pederasta confeso, Joaquimín Benítez, tivo un prólogo inesperado ás portas da Audiencia de Barcelona.
Rexeitando estreitarlle a man por respecto ás vítimas, o pai dunha delas achegouse ao acusado para lembrarlle unha promesa anterior.

"E pedinlle, Joaquim, por favor, fai o que me prometiches, se Maristas está implicado, cóntao no xuízo. E el dixo que cumprirá a súa promesa e que falará hoxe no xuízo e que dirá todo o que teña que dicir".

A declaración de Joaquim Benítez é a última do día.

Antes, a psicóloga que tratou dúas das vítimas detallou as graves secuelas que teñen despois dos abusos sufridos. Problemas para atopar relacións afectivas, falta de confianza cos adultos e un rexeitamento ao contacto físico sobre todo cos homes, pai incluído.

O fiscal solicita para o acusado 22 anos de prisión e 14 anos de inhabilitación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019