CRTVG

Buscar

O BNG di que ten as portas abertas a quen comparta o seu proxecto para Galicia

Publicado o 20/03/2019 19:15

O BNG di que ten as portas abertas a quen comparta o seu proxecto para Galicia. Ana Pontón responde así ao apoio público do ex-líder de Podemos Galicia. Breogán Riobóo deuse de baixa no partido e confirma que votará o BNG porque, na súa opinión, En Marea e En Común non defenden os intereses dos galegos.

O que foi o primeiro secretario xeral de Podemos Galicia entende que con En Marea Galicia non tivo a presenza en Madrid de anos anteriores, en que o BNG logrou escano no Congreso. Breogán Riobóo cre que Podemos e Esquerda Unida romperon coa coalición "para ter máis poder". E de Anova di que o fixeron por non acadar "posto de saída" nas candidaturas. Móstrase desencantado e anuncia que dará o seu voto ao BNG.

Desde o BNG din que non buscan sacar réditos dos problemas dos demais, pero móstranse abertos a todos os que queiran compartir o seu proxecto.

Nese proxecto apostan pola concelleira Carmen Dasilva para liderar a candidatura do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019