CRTVG

Buscar

O ex do Dépor José Francisco Molina, novo director deportivo da Federación Española

Publicado o 09/07/2018 11:34
O ex do Dépor José Francisco Molina, novo director deportivo da Federación Española

O ex-gardarredes do Deportivo José Francisco Molina asina coa Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para desempeñar o cargo de director deportivo, no que substitúe a Fernando Hierro.

Valenciano de 48 anos, Molina completou unha carreira en equipos como o Valencia, o Albacete, o Atlético de Madrid ou o Levante, ademais do Dépor, onde militou entre o 2000 e o 2006 e nos que gañou unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.

Foi 9 veces internacional e entrou nas convocatorias do Mundial de Francia de 1998 e das Eurocopas de Inglaterra 1996 e Bélxica e Países Baixos 2000.

Como adestrador, ten experiencia en España no Vilarreal e no Xetafe B, así como en equipos de Hong Kong, India e México.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí