CRTVG

Buscar

O ex-director de Traballo andaluz retráctase das súas críticas a Chaves

Publicado o 13/02/2018 14:54

 

No xuízo do caso dos ERE contra 22 ex-altos cargos da Junta de Andalucía continúa a comparecencia do ex-director de Traballo Javier Guerrero.

O acusado retractouse hoxe das críticas que fixo durante a instrución ao ex-presidente andaluz Manuel Chaves, ao que daquela acusou de humillalo para defender a súa honorabilidade. Durante esta xornada, deron lectura ás declaracións que Guerrero realizou en 2012 ante a xuíza instrutora Mercedes Alaya. Como fixo onte, non ratificou estas declaracións, que atribuíu á presión mediática e da policía. O caso xulga a repartición de 850 millóns de euros en axudas a empresas por suposta prevaricación e malversación dos gobernos andaluces durante 23 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018