CRTVG

Buscar

O ex-director da Faffe usou unha tarxeta pública en prostíbulos

Publicado o 11/10/2018 21:24

Declaración nun xulgado de Sevilla do que fora director da Fundación Andaluza Fondo de Formación e Emprego polo uso dunha tarxeta con fondos públicos. Vinculou o pago duns 32.000 euros en clubes de alterne dentro da actividade comercial que desenvolvía para ese organismo. O seu avogado asegurou que só tiña unha tarxeta de representación, totalmente legal, e que cando a empregou por equivocación abonou os cartos de contado. A declaración enmárcase na causa sobre as presuntas irregularidades en cursos de formación financiados pola Junta de Andalucía.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018