CRTVG

Buscar

Villarejo controlou milleiros de chamadas durante o intento de asalto de Sacyr ao BBVA

Publicado o 11/01/2019 16:09

O ex-comisario Villarejo controlou milleiros de chamadas telefónicas durante o intento de asalto de Sacyr ao BBVA.

Tras revelarse esta espionaxe masiva, a Comisión Nacional do Mercado de Valores analiza se tivo algún efecto no patrimonio do banco. Ademais, estudará os sistemas de seguridade para evitar escoitas no organismo.

Villarejo, actualmente en prisión, chegou a facilitar o contido de ata 15.000 chamadas telefónicas a directivos do BBVA.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019