CRTVG

Buscar

O ex-celtista arxentino Fernando Cáceres, todo un exemplo de superación

Publicado o 30/03/2018 21:34

Imos ver agora que foi dun histórico do Celta de Vigo, o arxentino Fernando Cáceres. O ex-futbolista é todo un exemplo de superación. Despois dun roubo violento que case acaba coa súa vida, creou un club de fútbol para conter adolescentes como os que lle dispararon e evitar que caian en bandas delituosas. 

Fernando Cáceres integrou a era dourada do Celta de Vigo, pero ademáis,  é dos poucos ex-futbolista arxentinos que pode presumir de ter lucido a camisola dos dous grandes equipos do seu país: River Plate e Boca Juniors; e  de formar parte do cadro co que a selección arxentina gañou o seu último torneo: a copa América do 93.

Pese a todo o seu palmarés, do que máis orgulloso está o Negro Cáceres é  de ter creado un clube co que axuda ós mozos a sortealo mundo do delito a través do deporte. 

No 2009, Fernando Cáceres foi tiroteado na cabeza cando viaxaba no seu coche. Quedáronlle gravísimas secuelas, pero ao igual que no terreo de xogo, "O Negro" non deixou de pelexar, e despois dun longo internamento, deuse o milagre. 

Agora centra toda a súa enerxía en volver camiñar e no Fernando Cáceres Futbol Club. Fai canteira pros grandes, con mozos de baixos recursos que arelan seguir os seus pasos no mundo do fútbol. O "Negro" Cáceres tamén é toda unha institución futbolística en España. 

Pasou polo Zaragoza e o Valencia, pero foi no Celta de Vigo onde máis partidos xogou durante as seis tempadas douradas que pasou co conxunto olívico. Por iso está atento ás novidades do clube. 

Agarda volver pisar pronto Balaídos, pois o corazón do arxentino segue a ser celtista. A este exemplo de loita, se non o parou unha bala, non o para ninguén. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2018