O excéltico Juanfran, novo adestrador do Lugo
Publicado o 30/06/2020 17:51
• É o noveno adestrador con Tino Saqués
Hoxe xoga o Deportivo en Tenerife. E mañá o Lugo recibe o Numancia. Partido vital. Con cambio no banco do Anxo Carro. Chega Juanfran.
Primeira experiencia como adestrador. Hai catro anos deixou o fútbol no Levante. Vinte e dous anos de profesional. No Valencia, no Levante, no Ajax, no Zaragoza e no Celta. Estivo cinco temporadas no Celta. Foi internacional.
Esta tarde dirixirá o adestramento do Lugo. O seu axudante será Adrián Rubio, ata o momento o adestrador do Mondariz da Preferente Sur galega.