CRTVG

Buscar

O exavogado de Podemos acusa varios dirixentes "de meter a man" na caixa

Publicado o 13/08/2020 18:31

O ex-avogado de Podemos, José Manuel Calvente, denunciou este xoves a través da súa conta de Twitter que algúns dirixentes do partido meterían "a man" na caixa da formación violeta para "o seu propio beneficio e o dos seus presuntos amigos".

Calvente denunciou a Podemos ante os tribunais, e un xulgado abriu dilixencias polos presuntos delitos de malversación de fondos públicos e administración desleal contra dirixentes do partido e a propia formación.

"A diferenza de todos os casos de corrupción de partidos en España, en Podemos non estariamos ante a presunta corrupción dun partido, senón ante unha presunta 'corrupción dentro do partido', un presunto 'financiamento ilegal' dalgúns dirixentes", escribiu Calvente nun primeiro chío dun fío de cinco mensaxes.