CRTVG

Buscar

O ex-alcalde de Nova York, sinalado pola trama ucraína

Publicado o 08/11/2019 08:18

O ex-alcade de Nova York e agora avogado de Trump, Rudy Guiliani, cobra protagonismo no proceso de destitución contra o presidente dos Estados Unidos.

Tras as declaracións de varios responsables diplomáticos en Europa, Guilani é subliñado como unha figura central na suposta trama para lograr que o Goberno da Ucraína intercedese para prexudicar políticamente o rival de Trump, Joe Biden.

Onte declarou unha asesora do vicepresidente Mike Pence e hoxe farao Mulvaney, o xefe da diplomacia da Casa Branca. A semana que vén, as declaracións xa non serán a porta pechada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019