CRTVG

Buscar

O ex-alcalde de Ferrol Jorge Suárez cobrará unha dedicación parcial do Concello e como funcionario

Publicado o 27/08/2019 16:14
O ex-alcalde de Ferrol Jorge Suárez cobrará unha dedicación parcial do Concello e como funcionario

O que fora alcalde de Ferrol no anterior mandato municipal, Jorge Suárez, cobrará unha dedicación parcial do Concello canda a súa asignación como funcionario de Xustiza. O Goberno local xa asignou as dedicacións dos grupos, polo que Jorge Suárez recibirá os máis de 21.100 euros anuais que corresponden a Ferrol en Común.

O ex-alcalde fora especialmente crítico coa repartición de dedicacións no pleno de organización municipal.

Noticias web

27/08/2019