O Europarlamento suspende as visitas polo coronavirus
Publicado o 02/03/2020 19:42
O risco de expansión do Coronavirus na Unión Europea pasa a ser de moderado a alto. O Parlamento ven de anunciar novas medidas de prevención. Durante as próximas tres semanas pecharase o acceso a visitantes aos edificios deste organismo e tamén se suspenderán todos os actos que non sexan directamente actividade parlamentar. Pasado ese tempo revisaranse as medidas, xa que se irán adaptando á evolución da situación.
Chaman á responsabilidade individual de manter unha corentena en caso de viaxar a zonas moi afectadas pola enfermidade.