CRTVG

Buscar

O Euromillóns deixou un premio dun millón de euros en Marín

Publicado o 04/08/2021 14:35

O Euromillóns deixou un premio dun millón de euros en Marín. Un apostante acertou o código gañador do sorteo. Na administración de lotarías número un de Marín, onde se selou o boleto, estaban exultantes.

Polo momento non apareceu o agraciado pero foron moitos os que se acercaron para comprobar se a fortuna estivo do seu lado.

Este é o segundo gran premio que reparten nesta administración de lotarías. 

 

Noticias web

04/08/2021