CRTVG

Buscar

O Euromillóns deixa un millón de euros no bar-tenda de Palmés, en Ourense

Publicado o 26/06/2019 13:55

Cándida é a dona do mítico bar-tenda de Palmés, no concello de Ourense, leva atendendo aquí 60 anos. E hoxe está moi feliz coa boa noticia. Un boleto do Euromillóns selado alí foi premiado cun millón de euros. Mentres prepara un café pensa en quen puido ser o afortunado ou afortunada, pero por agora non se sabe.

A noticia correu como a escuma entre os veciños e veciñas, pode ser calquera, din, porque por aquí pasa moita xente, repartidores e clientes de todo tipo. E algún ten hoxe un millón de euros.

Non é a primeria vez que Palmés reparte un premio da lotería, pero nunca tan cuantioso. Cándida agarda poder seguir dando boa sorte, e hoxe algúns non deixaron de pasar a oportunidade de tentala.

Noticias web

26/06/2019