CRTVG

Buscar

O Eurogrupo ultima o fin do rescate grego tras oito anos de recortes

Publicado o 21/06/2018 21:21

O Eurogrupo trata de pechar esta noite un acordo que poña fin a oito anos do rescate a Grecia. O principal obstáculo está arestora nas medidas de alivio que se lle concederán a Atenas para facer sostible a súa débeda. Ademais, Grecia recibirá unha última axuda duns 12.000 millóns de euros. O Goberno de Alexis Tsipras agarda poder impulsar a partir de agora políticas de crecemento, xa que a economía comezou a medrar, pero sen mellora na calidade de vida dos gregos tras anos de recortes. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2018