CRTVG

Buscar

O Eurogrupo solicita manter as axudas públicas ás empresas

Publicado o 15/02/2021 21:17

O Eurogrupo remata cunha chamada a manter as axudas públicas ás empresas, pero tamén a estudar a súa retirada para 2022 a aquelas non viables. O Goberno español xa prepara un novo paquete económico con apoio directo aos sectores competitivos. Así o recoñeceu a vicepresidenta Nadia Calviño no Eurogrupo. 

O equipo económico do Goberno traballa co Banco de España e co sistema financeiro para rematar este novo paquete de axudas para marzo. Non estaría relacionado co plan de recuperación europeo, pero si en liña coas recomendacións de Bruxelas.

Serían préstamos participativos ou quitacións, non só créditos, ás empresas competitivas sobre-endebedadas. E definitiva, darlles axudas directas coas que garantir a súa solvencia.

O Eurogrupo pide a todos os países da moeda única que identifiquen as compañías e sectores viables que paga a pena axudar ata que remate a pandemia. Pero insiste en que aínda é moi cedo para retirar o apoio público dos Gobernos á economía por mor da pandemia e fala de mantelos durante todo o ano.

Noticias web

15/02/2021