CRTVG

Buscar

O Etna volve entrar en erupción, con columnas de lava e fume de alta mil metros de altura

Publicado o 23/02/2021 21:43

O volcán Etna entrou esta pasada noite en erupción e déixanos imaxes coma estas. Columnas de lava e fume que acadaron os mil metros de altura.

Segundo o Instituto de Xeofísica e Vulcanoloxía de Italia, a erupción tivo lugar no cráter sueste do volcán. Aos investigadores non lles preocupan estas erupcións e utilízanas para tomar mostras dos materiais que expulsa o Etna, que leva desde mediados de febreiro especialmente activo.

Noticias web

23/02/2021