CRTVG

Buscar

O eterno Borja Golán a un paso do 17º Campionato de España

Publicado o 08/02/2020 20:38

Borja Golán ven de clasificarse para a final do Campionato de España de squash. Superou nunha semifinal galega a Carlos Cornes nun partido que durou hora e media e que rematou co resultado 11-5, 11-13, 11-7 e 11-9 cun último punto moi discutido por Cornes.

Golán enfrontarase a Iker Pajares na gran final. Pajares, de 23 anos, é o número un actual do ránking español e tentará acadar o seu primeiro título de España e que dese xeito o veterano tenista galego non acade o seu título número 17 con 37 anos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2020