CRTVG

Buscar

O etarra vigués Rafael Caride, autor do atentado de Hipercor, sae do cárcere

Publicado o 16/08/2019 21:03

O etarra vigués Rafael Caride, autor do atentado de Hipercor en Barcelona, sairá do cárcere o próximo domingo. Caride, de 74 anos, fora o encargado de colocar o coche bomba que en xuño de 1987 acabou coa vida de 21 persoas e deixou feridas 45. Condenado a 790 anos de prisión, deixará o cárcere despois de cumprir 26 e tras acollerse ao proxecto de reinserción “Via Nanclares”. Desvinculouse da banda terrorista ETA , amosou publicamente o seu arrepentimento, e mesmo mantivo encontros coas vítimas. Dende 2017 xa estaba en liberdade concidional por boa conduta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019