CRTVG

Buscar

O etarra 'Pakito', en liberdade

Publicado o 11/12/2020 20:13

O etarra Francisco Múgica Garmendia, alias Pakito, sae en liberdade 4 meses antes do previsto. Esta tarde abandonou a cadea zaragozana de Zuera. A súa pena remataba en marzo de 2021, pero a Audiencia Nacional aceptou o seu recurso para que se lle computase o tempo que pasou en prisión preventiva en Francia. Pakito foi un dos máximos dirixentes da ETA nos anos 80. Cumpría varias condenas por distintos atentados, entre ellas una de máis de 2.000 anos pola colocación dun coche bomba na casa-cuartel da Garda Civil de Zaragoza que matou 11 persoas.
 

Noticias web

11/12/2020