CRTVG

Buscar

O etarra galego Rafael Caride remata este domingo a súa condena por terrorismo

Publicado o 18/08/2019 14:29

O etarra vigués, Rafael Caride, de 74 anos de idade, fuxiu nos anos 80 a Francia e integrouse no "comando Barcelona", liderado polo dirixente histórico da ETA, Santiago Arróspide Sarasola, "Santi Potros'
Caride participou, entre outros, no atentado máis sanguento da ETA: o cometido contra o centro comercial Hipercor de Barcelona en xuño de 1987. Os terroristas introduciron un coche no aparcamento cun artefacto de 200 quilos de explosivos. Morreron 21 persoas e quedaron feridas outras 45.

Foi detido o 21 de febreiro de 1993 nun bar de Toulouse, en Francia. Permaneceu encarcerado en prisións francesas, ata que no ano 2000 foi extraditado a España.
Aquí podemos velo na primeira xornada do xuízo na Audiencia Nacional, xunto a Santiago Arróspide Sarasola "Santi Potros"... Na entrada, familiares das vítimas do atentado agardaban e pedían xustiza...
Caride foi condenado a 790 anos de prisión. Estivo no cárcere 26.

Desde finais do ano 2017, Caride estaba en liberdade condicional, pero desde este domingo queda liquidada por completo a súa condena. Abandona así definitivamente o cárcere ao que só acudía xa a asinar unha vez por semana...
Vixilancia Penitenciaria da Audiencia Nacional aceptara o seu recurso e acordara medidas de flexibilización na fase final de execución da súa pena.
O xuíz tivo en conta a súa desvinculación da banda terrorista e o seu arrepentimento, ao acollerse xunto a outros 30 reclusos á "vía Nanclares".
O interno expresara por escrito o seu rexeitamento dos feitos polos que fora condenado. Desde entón, mesmo mantivo encontros coas súas vítimas e familias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019