CRTVG

Buscar

O estilista Óscar Novo presentou as súas propostas para noivas no castelo de Sobroso

Publicado o 20/02/2020 21:05

Despois de presentar os seus estilismos en París, Mondoñedo ou no acuario da Coruña, Óscar Novo escolleu o castelo de Sobroso, en Ponteareas para amosar as súas propostas para as noivas nesta temporada e faino acompañado dun equipo de luxo, coa compositora Rosa Cedrón, a compañía Nova Galega de Danza e a deseñadora Patricia Avendaño.

A pregunta do millón é que é o que se leva. De entrada, a inspiración está en Internet pero cando un profesional aconsella, a idea pode cambiar.

O vigués Óscar Novo é un dos estilistas galegos con máis proxeción e adoita converter as súas pasarelas en todo un evento artístico.

Toda unha constelación creativa reunida nun escenario de excepción, como é este castelo fundado no século IX e onde estivo cercada dona Urraca, raíña de Galicia e de León no século XII. Actualmente é patrimonio da Deputación de Pontevedra.

Noticias web

20/02/2020