CRTVG

Buscar

O estaleiro vigués Freire avanza a bo ritmo na construción do buque oceanográfico para Bélxica

Publicado o 13/08/2019 15:55

O estaleiro vigués Freire avanza a bo ritmo na construción do buque oceanográfico para Bélxica.Trátase dunha embarcación de case 70 metros de eslora. Un buque oceanográfico que xa vai collendo forma e que se converterá no barco deste tipo de maior tamaño do país.

Un importante contrato para Freire, que conta cun presuposto de máis de 54 millóns de euros. O segmento dos buques oceanográficos é disputado por moitas empresas do naval e nel o estaleiro vigués ten unha ampla experiencia. Este é xa o oitavo que constrúe, desta volta para Bélxica. Se se cumpren as previsións, a botadura terá lugar en febreiro do vindeiro ano.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019