CRTVG

Buscar

O estaleiro Nodosa vai construír un arrastreiro de 75 metros

Publicado o 04/02/2019 19:38

Outros dous estaleiros privados teñen a día de hoxe encargas importantes na súa carteira de pedidos. O estaleiro Nodosa, en Marín, acaba de asinar un contrato para construír nas súas plataformas un arrastreiro para a renovación da frota do grupo galego Pescapuerta.

Con 75 metros de eslora, é o barco máis grande que construíu o estaleiro nos últimos tempos. Destaca, ademais, por levar a última tecnoloxía a bordo. O arrastreiro súmase á carteira de pedidos do estaleiro, que neste momento traballa a pleno rendemento coa construción de 7 buques e setecentos traballadores nas súas plataformas.

A renovación da frota de Nova Pescanova engorda tamén a carteira de traballo dos estaleiros Armón.
Construirán un total de sete barcos, dos que catro se farán de forma íntegra nas plataformas que a compañía ten en Vigo. Serán 3 arrastreiros fresqueiros para Namibia e un marisqueiro para Mozambique. A construción de dous deles xa se está levando a cabo. Os tres restantes faranse nos estaleiros situados en Burela.

 

Noticias web

04/02/2019