CRTVG

Buscar

O estaleiro Freire ultima o contrato para a construción dun megaiate

Publicado o 07/06/2019 15:30

En Vigo, o estaleiro Freire ultima o contrato para a construción dun megaiate. Trátase dun iate de 111 metros de eslora cun total de sete cubertas e unha superestrutura realizada en aluminio. O megaiate albergará todo tipo de luxos coma unha zona de jacuzzi, outra con picina, cine e outras estancias vips.

Con estas características será o maior buque do seu segmento construído nunca en España e o primeiro deste tipo fabricado na ría de Vigo. Un pedido de grande importancia, xa que supón un novo paso de xigante no mercado dos barcos de luxo no naval galego, con seis construcións e unha reconversión en marcha, todas na ría de Vigo.

Por outro lado, Freire continúa neste momento coa finalización do segundo arrastreiro de 80 metros para Groenlandia, coas probas de mar do oceanográfico para Kuwait e cunha patrulleira de 42 metros tamén de bandeira kuwaití.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019