CRTVG

Buscar

O estaleiro Armón construirá un transbordador para Tahití con capacidade para 675 pasaxeiros

Publicado o 27/03/2019 17:30

Iso suporá máis carga de traballo para este estaleiro, que acaba de asinar un contrato que será realidade dentro de dous anos, é dicir, no 2021.

Ese transbordador, con capacidade para 675 pasaxeiros, formará parte dunha liña regular que unirá as illas de Papaete e Moorea, na Polinesia. Amais de pasaxeiros, disporá dun garaxe de 500 metros lineais para coches.

Armón Vigo, situado en Bouzas, exporta máis do 70% dos seus buques grazas á súa internacionalización no mercado.

Noticias web

27/03/2019