CRTVG

Buscar

O Estado vai pedir un inventario do pazo de Meirás

Publicado o 09/11/2020 09:15

O BNG denuncia que a familia Franco está desvalixando o pazo de Meirás e pídelle á Xunta que tome medidas para evitar que leven os bens de interese cultural que hai no seu interior.

O pazo deberá estar libre dentro dun mes. Antes, poderán retirar as súas pertenzas.

A entrega deberá ser verificada por unha comisión xudicial, aínda que a familia do ditador aceptou voluntariamente os requirimentos da xustiza. No interior hai pezas de gran valor, como as esculturas do Mestre Mateo e parte da biblioteca de Emilia Pardo Bazán.

O Estado quere facer un inventario de todas esas pezas.

A data de entrega deste ben público será o 10 de decembro ás 11 da mañá, porque segundo a Xustiza a compravenda que alegaban os herdeiros de Franco para arrogarse a propiedade non foi tal, senón unha fraude.

Noticias web

09/11/2020