CRTVG

Buscar

O Estado pide ao xulgado que se conserve o inventario de Meirás

Publicado o 07/05/2021 19:22
O Estado pide ao xulgado que se conserve o inventario de Meirás
EUROPA PRESS

A Avogacía do Estado solicitou ao Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña a conservación do inventario realizado no pazo de Meirás e pediu que se determine que bens teñen consideración de inmobles, segundo informa o Executivo central. Ademais, explica que instou a Xunta de Galicia, nun escrito, "a incoar expediente complementario para ampliar a cualificación de BIC aos bens mobles ou inmobles tanto dentro do recinto amurallado como no interior do edificio".

Nun comunicado, defende que o Goberno actúa para que os bens de Meirás "non poidan ser retirados" polos Franco "e permanezan no interior do pazo". Neste sentido, explica que a Avogacía do Estado presentou dúas cuestións incidentales ante o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, no seo da execución provisional seguida ante o mesmo no procedemento que ten por obxecto a reivindicación do pazo. Sobre os mesmos, sinala que os obxectivos son solicitar a conservación do inventario no seu día elaborado e instar o xulgado a que se determine "que bens dos que se atopan no interior da leira teñen a consideración de inmoble por ser incorporados de maneira permanente ao inmoble principal".