CRTVG

Buscar

O Estado non recorrerá contra a sentenza de Meirás, que obriga a indemnizar os Franco

Publicado o 17/02/2021 20:06
O Estado non recorrerá contra a sentenza de Meirás, que obriga a indemnizar os Franco

A Avogacía do Estado non recorrerá contra a sentenza da sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña, que confirma que o Pazo de Meirás é patrimonio público e ordena indemnizar os Franco polo seu mantemento, segundo informan a EFE fontes gobernamentais. Tras estudar o fallo, a Avogacía do Estado rexeitou apelar contra el ao considerar que é adecuado aos intereses do Estado.

A indemnización establecerase en función da cantidade que valore a familia Franco. Con todo, o Concello de Sada xa anunciou que si que recorrerá contra a parte da sentenza que establece que os herdeiros do ditador foron posuidores de boa fe e recoñece o seu dereito a seren resarcidos economicamente.

Noticias web

17/02/2021