O Estado négalle á Xunta o permiso para entregar as medallas Pardo Bazán en Meirás polas obras do inmoble
Publicado o 01/03/2021 20:54

O Estado négalle a Xunta o permiso para entregar as medallas de Pardo Bazán en Meirás. Estas medallas entréganse o 8 de marzo, e son o galardón do Executivo autonómico ás entidades e persoas que traballan pola igualdade.
A Xunta solicitáralle ao Goberno celebrar o acto nos xardíns do Pazo de Meirás, pola vinculación do inmoble con Pardo Bazán. Segundo transcendeu, o Executivo central rexeita a petición debido ás obras de acondicionamento que se están facendo tanto no exterior como no interior do recinto.