CRTVG

Buscar

O Estado e a Xunta reclaman a titularidade pública do pazo de Meirás no remate do xuízo

Publicado o 09/07/2020 22:13

A Avogacía do Estado pídelle á titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 que faga xustiza legal e histórica co Pazo de Meirás. O estado cre probado que a compra do inmoble polo ditador foi fraudulenta, polo que a posesión estivo viciada.

"Francisco Franco non adquiriu o pazo de Meirás porque a doazón e a compravenda son nulos", dixo Javier Suárez, avogado do Estado xefe en Galicia.

Franco non pagou nin un só céntimo, engadiu. O Estado e a Xunta sinalan os documentos que amosan que houbo coaccións para recadar os cartos entre unha poboación atemorizada.

"Actuaron coaccionados nun clima de extrema violencia política. Era máis coactivo que os tributos", mantivo Suárez.

O avogado da Xunta destacou que había "listas negras, visitas casa por casa, represalias, multas en caso de non realizar achegas...".

Os avogados da familia Franco tentarán contrarrestar esta idea, e defenderán nas súas conclusións que o ditador foi o lexítimo propietario do pazo.

 

Noticias web

09/07/2020