CRTVG

Buscar

O Estado deberá indemnizar a familia de José Couso

Publicado o 10/01/2020 21:07
O Estado deberá indemnizar a familia de José Couso

A Audiencia Nacional recoñece o dereito da familia do cámara José Couso a recibir unha indenmización pola omisión de protección diplomática durante a toma de Bagdad en 2003.

O reporteiro gráfico morreu por disparos das tropas estadounidenses cando cubría o conflito bélico en Iraq. O Estado terá agora que indemnizar a súa muller con 100.000 euros e os seus dous fillos con 41.000 euros cada un. O tribunal adoptou esta decisión ante o recurso presentado pola muller de Couso contra a desestimación por silencio administrativo da responsibilidade patrimonial da Administración.

 

Noticias web

10/01/2020