CRTVG

Buscar

O Estado débelles ás comunidades 4.700 millóns de euros, 700 a Galicia

Publicado o 08/08/2019 16:10

A situación de bloqueo no ámbito estatal está a repercutir nas contas dos gobernos autonómicos, pendentes aínda de que o Estado lles pague o que lles debe.

O Estado débelles ás comunidades autónomas uns 4.700 millóns de euros, dos que 700 lle corresponderían a Galicia. A ministra de Facenda insiste en que un Goberno en funcións non pode desconxelar as entregas a conta, pero o argumento non convence a Xunta. Cada vez son máis as autonomías que lle reclaman a Pedro Sánchez o pago da débeda. A última en sumarse foi a presidenta balear, a socialista Francina Armengol.

Pendente tamén destas transferencias, o Goberno catalán xa empezou cos recortes e ordenou a todos os seus departamentos que non fagan máis investimentos que os básicos.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019