O estado de alarma non detén os furtivos
Publicado o 03/04/2020 16:40
O marisqueo ilegal é un problema xa vello nas nosas costas, e nestes días, malia a corentena, aínda hai furtivos nas praias.
Raia o día en Cabo de Cruz e os gardas rurais da confraría andan á busca de furtivos.
Cóanse á noite e, ás escuras, hai que valerse das pistas que deixan para dar con eles.
Din que a corentena rebaixou a presión nas praias, pero que algúns aínda 'traballan'.
Arríscanse a unha dobre sanción, pero seguen sacando quilos e quilos de marisco ilegal da area.
Quilos que logo venden en negro a uns cinco ou seis euros.
É un problema vello nestes areais e, polo que se ve, é tamén das poucas cousas que non cambiaron co estado de alarma.