CRTVG

Buscar

O estado de alarma en Portugal, máis levadío que en España

Publicado o 19/03/2020 17:23

Portugal entrou en estado de emerxencia a pasada medianoite. É parecido ao estado de alarma español aínda que hai algunhas diferenzas.

Diferenzas que van facer que o confinamento sexa máis levadeiro para os portugueses en comparación aos españois. Neste estado de emerxencia pódese sair a correr ou pasear pola praia, pero só, non se pode ter contacto con ninguén en ningún momento e queda en mans dos axentes da autoridade decidir se a persoa ten que volver á casa e as súas ordes son de inmediato cumprimento. Polo demais, o estado de emerxencia declarado onte polo presidente da república é exactamente igual ao estado de alarma español. Hai servizos que non poden deixar de funcionar como sanidade, farmacias, supermercadose e bancos.

A estas horas Portugal conta con 785 positivos por COVID-19 e dous falecidos. Os datos que manexa o Goberno apuntan a que índice de contaxio aquí será lixeiramente superior ao español e chama a atención que o 20% dos infectados son sanitarios; en Italia, por exemplo, é do 8%. 

 

Noticias web

19/03/2020