CRTVG

Buscar

O estado de alarma deixou en Galicia 45.000 propostas de sanción e 250 detidos

Publicado o 17/06/2020 08:48

O estado de alarma deixa en Galicia 45.000 propostas de sanción e 250 detidos por resistencia á autoridade.

Hai incumprimentos de todo tipo: saídas á rúa cando estaba prohibido, viaxes en coche con máis dunha persoa, cambios de municipio e traslados a segundas residencias. Tamén apertura de locais de peche obrigado.

A maioría das denuncias son da Policía Nacional e a Garda Civil. As provincias con máis propostas de sanción foron A Coruña e Pontevedra.

Noticias web

17/06/2020