CRTVG

Buscar

A nai da nena atopada morta en Logroño non recoñece que a matase

Publicado o 29/01/2020 15:26

A praza da Paz da localidade de Haro gardou silencio, só roto por un violonchelo, en recordo da súa veciña Carolina, de cinco anos, atopada morta nun hotel de Logroño, en circunstancias que os investigadores intentan desentrañar.

Para iso será fundamental o testemuño da nai da cativa, que tamén estaba no cuarto onde atoparon o cadáver. Agora está ingresada no hospital, con cortes no brazo, detida, sen pasar aínda a disposición xudicial. Nunha carta, en que anunciaba o seu suicidio, afimaba que quería evitarlle á nena os sufrimentos derivados da súa mala relación co seu ex- marido e pai da pequena, que era quen tiña a custodia.

Así as cousas, a principal hipótese é que a nena morreu a mans da súa nai. Hai que agardar aos resultados definitivos da autopsia, que polo de agora non dá datos concluíntes de se faleceu por asfixia. Mandaron mostras a Toxicoloxía, para determinar se lle deron medicamentos en dose letal.

Máis hipóteses: os investigadores cren que a avoa materna da nena puido quitarse a vida tras non poder evitar a morte da súa neta. O seu cadáver apareceu no río Ebro. O domingo tamén estaba no cuarto 404 do Hotel Los Bracos de Logroño, onde todo ocorreu.
 

Noticias web

29/01/2020