CRTVG

Buscar

O estadio de Beyblade ou as Bellies, algúns dos xoguetes esgotados este Nadal

Publicado o 03/01/2019 20:23

Beyblade, LOL, Bellies... non é chinés, senón unha linguaxe que só entenden os que teñen cativos nas casas. Son os nomes dos xoguetes máis cobizados nas cartas dos Reis Magos, que andan ultimando os regalos para traelos dende o mesmo Oriente.

Os axudantes dos Reis Magos andan ás presas para cumprir con todos os encargos das cartas dos nenos. Algúns vano ter moi dificil, xa que xoguetes como as Bellies ou Shimmer e Shine están esgotados. Tamén serán moi afortunados os nenos aos que os Reis lles deixen o estadio de competición de Beyblade ou as LOL Surprise, que xa non se atopan case en ningunha tenda.

Pero mais aló das modas, hai cousas que nuncan faltan nas sacas dos Reis Magos. Aínda hai tempo para que os Reis e os seus paxes cumpran os desexos de moitos nenos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019