CRTVG

Buscar

O espectáculo do mundial de Enduro volve a Compostela

Publicado o 10/05/2019 21:23

Velocidade, adrenalina e motor. Os mellores pilotos facendo equilibrios sobre dúas rodas nunha superficie esvaradiza e chea de obstáculos. O espectáculo do mundial de Enduro regresa a Compostela co Gran Premio de España. Máis de cen pilotos, sete deles galegos, percorrerán dende hoxe e ata mañá sábado os circuítos instalados por Compostela, nas inmediacións do estadio Verónica Boquete por exemplo, e arredores. Xa non quedan prazas hoteleiras dispoñibles. O ano pasado, máis de 10.000 persoas presenciaron as probas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019