O espectáculo da liga francesa na G2 comeza esta noite co PSG-Montpellier (21:00)
Estas son algunhas das estrelas que se poderán ver a partir de agora na Televisión de Galicia. Comezando polas do todopoderoso París Saint Germain, o rival a bater tanto en Francia como en Europa, un equipo feito a base de euros co que pretenden gañalo absolutamente todo.
De momento, na Liga levan ese camiño, sete partidos, sete vitorias. Eso sí, as dúas últimas, sufrindo e pola mínima ante o Lyon e o Metz onde M´Bappe tivo os seus máis e os seus menos co meta rival.
Mauricio Pochettino. Adestrador do Paris Saint Germain: "Kyllian é un rapaz marabilloso, é un xogador que é un gran competidor que quere gañar sempre. Son esas cousas que pasan no campo que non se poden trasladar fóra, non?
Para comezar, Paris Saint Germain-Montpellier, os dous equipos máis goleadores do Campionato e unha garantía de espectáculo pola categoría dos seus xogadores.
"Necesitamos gañar, seguir mellorando nos aspectos que queremos mellorar".
Para elo deberá recuperar a un Messi aínda convalecente.
"Leo comezou correr hoxe como xa viron no parte médico que sempre damos antes da rolda de prensa esperando que a evolución sexa a que agardamos".
As nove na G2 comeza o espectáculo.