CRTVG

Buscar

O especialistas recórdannos algunhas pautas para evitar o aumento de contaxios da gripe

Publicado o 13/02/2019 21:26

O ano pasado un dos picos da gripe deuse por estas datas. Que non nos despiste o tempo que estamos a ter, o pico da gripe aínda pode estar por chegar, e por iso os especialistas recórdannos algunhas das pautas básicas para evitar o aumento de contaxios.

A gripe é estacional, adoita visitarnos no inverno, pero os tempos e os picos son caprichosos. Os especialistas advirten, o peor aínda pode estar por vir. Que chegue é inevitable, pero coidámonos o suficiente, somos conscientes da importancia de previla?

O mellor para escapar dela é a vacina, que, con todo, non é excluínte nin universal, así que aí van algúns consellos para levala mellor e evitar contaxios. Repouso, coidados. Realmente facémolo?












 

Noticias web

13/02/2019