O escritor Domingo Villar abandona o xénero policial con 'Algúns contos completos'
Publicado o 14/09/2021 21:37
O escritor Domingo Villar abandona o xénero policial para revelar a súa faciana de contista. Algúns contos completos, publicado por Galaxia, reúne historias publicadas en xornais e outras relatadas entre amigos, como Carlos Baonza que ilustra o libro cos seus gravados.
Algúns contos completos quere ofrecer a todos un anaco da súa intimidade.
Un dos seus amigos, Carlos Banzo, creou os linogravados deste libro que transita por outros mundos, cheo de fantasía, algo de humor e moita fraternidade.
Un libro que despois dos padecementos da pandemia quere ser un tributo á vida e á amizade.